Un novo conceptoDELICATESSEN HOTEL

É un novo concepto de hotel: un hotel delicado, exquisito, coqueto onde poder agradar os cinco sentidos, un gran escaparate para os amantes dos sabores de Galicia.

Nel terás un mundo de productos gourmet de Galicia: viños, bagazos conservas, patés, meles, e unha infinidade de sorprendentes sabores que quizais descoñecías que tamén se producían é esta terra. Contarás con momentos para degustar, para catar e para poder consumir e comprar estas delicatessen.

Todos os espazos están decorados coa cultura gastronómica de Galicia e dotado cos servizos propios dun hotel de categoría superior: wifi gratuíto en todo o hotel, consigna de equipaxes, computador de cortesía, secador de pelo, amenities, cafetera en habitación, room service, etc

Poderás gozar do noso orixinal almorzo e unha carta de restaurante con propostas elaboradas a base de produtos galegos.

Poderás asistir ás nosas sesións de catas e degustacións de produtos da terra.

Delicatessen hotel: Só en Fisterra e en Santiago de Compostela

Sen dúbida os hoteis máis orixinais e exquisitos de Galicia… e ¿por que non? … Do mundo

www.delicatessenhotel.com

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?