Situadas no Fin do Mundo… ofrecen un universo de relax e confort infinito.
Cada unha das nosas habitacións é única; para sorprenderche, para consentirche e para que te sintas especial. Cun equipamento de máxima categoría, agasallarémosche con detalles que fagan da túa estancia un recordo único e especial.
Atopa a habitación que máis se adapte ao teu gusto
Camas King Size, edredón nórdico, dobre cojin, bañeira hidromasaxe, dobre lavabo, amenities bionature, espello de aumento, secador de pelo, tv 42”, room service, caixa de seguridade, silencio infinito ou son dolby vendaval, vistas ao cabo do mundo, mar por medio Nova York,…o resto da experiencia…é cousa túa.
Chámanos e comproba dispoñibilidade
+34 981 110 210
+34 607 778 240
Dispoñibles 24/7
De Luns a Domingo
DESDE 180€ / NOITE HABITACIÓN STELLAE
A via láctea pasa xusto sobre este hotel e en noites estreladas poderás sentir como formas parte dela. Sentir unha estrela formando parte desta via cara ao infinito.
DESDE 160€ / NOITEHABITACIÓN SEMÁFORO
A comunicación entre o Faro e os barcos, se cara a a través de sinais de bandeiras, situadas nestas edificacións chamadas semáforos, á beira do Faro. Nesta habitación recreamos esa comunicación e damos vida a esa linguaxe
DESDE 180€ / NOITEHABITACIÓN DOS FAROS
Non estarás só nesta habitación…acompañásenche os faros máis importantes de Galicia. Nesta habitación verás pasar o reflexo da luz do faro, cada 4 segundos serás testemuña da súa luz, da última luz a este lado do continente, da última luz que viron moitos náufragos e desa luz que salvou tantas vidas.
DESDE 99€ / NOITEHABITACIÓN AGOCHO
Habitación abuhardillada, orientada ao faro de Finisterre, de dimensións pequenas pero con cama de matrimonio de 1.50 e todas as necesidades incluídas, televisión con Smart Tv, auga mineral de cortesía, cafeteira incluída e amenities ecolóxicos.
DESDE 230€ /NOITEHABITACIÓN DOS NAUFRAXIOS
Nesta habitación formarás parte da historia, a historia dos naufraxios que se cobrou este cabo. Habitación tematizada con elementos do mar, de barcos centenarios, de naufraxios de lenda. Descubrirás secretos que só esta habitación rumorearache
MÁIS INFO
DESDE 230€ / NOITE HABITACIÓN DOS VENTOS
En noites de tormenta e vendaval sentirás desde esta habitación, a de MAR DE FORA, a máis batida polo vento e a máis azoutada pola choiva, como formas parte dunha onda que che traga e engole. Unha sensación máxica onde sentir de maneira segura e confortable, o feroz vento do “NORDÉS”