SOÑAR NO INFINITOESPAZOS INTERIORES

Este pequeno hotel está cheo de máxicos recunchos onde atopar o teu refuxio e o teu momento.

O noso coqueto salón social é o espazo ideal para a lectura e a abstracción. Nas noites de inverno convértese no recuncho favorito para amenos faladoiros sobre a mar, os ventos, as tormentas, o camiño…

Unha pequena cafetería dá cabida a 7 mesas suspendidas á beira de cada xanela, a modo dos antigos “parladoiros”, un “o teu e eu” único, onde terás as mellores vistas ao infinito, o punto máis alto desde onde contemplar esta marabilla de cabo e onde compartir, con quen máis queiras, un momento tan especial.

Un comedor onde deleitarse coas exquisiteces propias deste delicatessen hotel. Recunchos únicos onde poderás abstraerte de todo e de todos, espazos deseñados para que o teu xantar ou cea convértanse nunha experiencia íntima, privada e especial.

Espazos cheos de vida: todo o establecemento está decorado con produtos da nosa terra, produtos gourmet. Estanterias, vitrinas e expositores que percorren todo o establecemento, cheo de tentacións para os cinco sentidos e para que te deixes namorar pola nosa delicias culinarias: aos tradicionais viños e bagazos de afamado recoñecemento mundial, agora poñemos á túa disposición espumosos, vermuts, cervexas, xenebras, rones e un longo etcétera de produtos galegos de calidade extraordinaria, para que os degustes, cátelos e póidalos consumir. Unha infinidade de sabores e produtos que forman parte da nosa decoración e enchen os espazos e cada recuncho deste establecemento

UNHA EXPERIENCIA UNICA E MEMORABLEDELICATESSEN HOTEL O SEMAFORO DE FISTERRA

Abrir chat
Hola
¿En qué podemos ayudarte?